Goza en piragua polo río Ulla. Saídas dende Carril, Rianxo, Catoira; e chegadas ata Catoira ou Padrón.
En todas esas rutas tes duas distancias: 8-9 km e duración 3 horas, e 17 km cunha duración de 7 horas, que se realizarán en 2 tramos con pernoctación. Para esta ruta, “completa”, pernoctarase na beira do rio, non se proporciona tenda de campaña e sí inclúe comida tipo picnic.
A actividade inclúe: equipo (pala, chaleque, bidón/bolsa estanca e plano, transporte para recuperación dos vehículos, picnic si se elixe a ruta completa e seguro. Non inclúe tenda de campaña nin monitor ou guía.
- Saídas dende calquera dos puntos mencionados. Condicionada polas adversidades climatolóxicas.
- Dispoñible todo o ano.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida. Grupos de rapaces ou adolescentes sempre acompañados de titor ou monitor.
- Esíxese para a realización desta actividade saber nadar e ter cumpridos os 14 anos.
- A duración da actividade depende dos tramos a facer, e o grupo mínimo é de 4 persoas.
- Consultar posibilidade da práctica noutros lugares.